Cesto culeiro
Pechar

Cesto culeiro

Os cesteiros abastecían de cestos e recipientes para empregar en calquera momento do ano, pero eran especialmente demandados cando chegaba a vendima. Os cestos podían variar de diámetro e capacidade, pero todos eran usados nalgún momento da vendima para recoller ou transportar.

Estes exemplos pertencen á cestería de vergas ou de madeira fendida, unha tipoloxía moi próxima ao mundo do rural e que amosa un marcado carácter funcional. Está intimamente relacionada co ciclo dos cultivos e as diferentes necesidades, dende o carrexo do esterco ata a recollida da colleita.

Dimensións:
 
Material/soporte:
 
Contexto cultural:
 
Autoría: