O museo
Accesibilidade
As instalacións do museo son accesibles para persoas con mobilidade reducida que vaian acompañadas. Admítense cans guía.
Visitas guiadas
Individuais: ás 11.00 e ás 17.30 h
Para familias: en fins de semana, ás 12.00 a ás 18.00 h
Para grupos: dispoñible con solicitude previa para un mínimo de 10 persoas
Reserva en informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal/
Telef: (+34) 988 783 075
Normas de acceso
- Está permitido tomar imaxes para uso particular sen flash, sen trípode ou pau para selfies. Para usos profesionais deberá contar coa oportuna autorización.
- Pódese acceder ao museo con carros e cadeiras de bebés.
- Non está permitida a entrada de mascotas ao museo. Si se permite a entrada de cans-guía.
- Non se permite consumir alimentos nin bebidas nos espazos interiores. O museo dispón de espazo de descanso no exterior.
- Non está permitido o acceso ás salas con vultos grandes (> 35x35 cm), paraugas ou obxectos punzantes. Dispoñemos de armarios onde deixar este tipo de obxectos.
- Non toque os obxectos do museo, respecte o mobiliario e evite apoiarse nas vitrinas e varandas.
- Se vén con rapaces procure que estean xunto a vostede e explíquelles a importancia de non tocar os obxectos.
- Non deixe que corran polas salas.
- Segundo a normativa vixente, non está permitido fumar no interior do museo.