Ir o contido principal

Museo Catedralicio de Tui

Museo Catedralicio de Tui

O museo

O Museo Catedralicio de Tui está situado no interior da Catedral, de estilo románico e gótico. O museo ocupa o espazo da Capela de Santa Catarina. Está formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio, do que se exhiben pezas coma cálices, cetros procesionais ou ornamentos sagrados. Cabe destacar a custodia de asento realizada polo ourive Juan de Nápoles Mudarra en 1602, e unha imaxe en madeira policromada da Virxe co Neno que data de finais do século XIV, principios do XV.

No Claustro e na sala capitular pódese visitar a sección arqueolóxica na que se expoñen pezas procedentes de escavacións arqueolóxicas, do antigo coro románico, sarcófagos medievais, laudas visigóticas e antigas reixas da Catedral. Dende a Torre da Homenaxe contémplase unha gran vista do Miño, da cidade de Tui e da fronteira portuguesa.

https://www.catedraldetui.com

Catedral de Tui. Praza de San Fernando
36700 , Tui

Tlf. 986600511
bispado@diocesetuivigo.org

Horario

Outubro-marzo
De luns a sábado: 10:45-14:00 / 16:00-19:00
Domingo: 9:00-12:45 / 16:00-19:00
Abril-maio-xuño
De luns a sábado: 10:45-14:00 / 16:00-20:00
Domingo: 9:00-12:45 / 16:00-20:00
Xullo-agosto-setembro
Todos os días: 10:45-14:00 / 16:00-20:00


Tarifas

O prezo da visita vai incluído no da catedral: 9 €
A visita inclúe guía