Ir o contido principal

Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat)

Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat)

O museo

O museo foi creado pola Sociedade Pro-Monte no ano 1917, ocupando nun principio uns locais na vila da Guarda ata que en 1953 foi trasladado ao actual edificio no propio castro, no cume do monte de Santa Trega, que lle dá o nome a ambos.

No referente á datación do castro hai bastante consenso en situalo entre o século I a.C. e o I d.C., polo menos a época de maior apoxeo do asentamento. Esta é a cronoloxía da maior parte das pezas que se expoñen no museo, aínda que ao longo das diferentes campañas de escavacións no castro e no contorno do monte atoparónse pezas doutras épocas: paleolítico, neolítico e idade de bronce, que tamén se expoñen no museo, e que parecen indicar que esta zona na desembocadura do Miño xa tiña habitantes dende épocas moi antigas.

http://www.turismoaguarda.es/masat/

Monte Santa Tegra
36780, A Guarda

Tlf. 690017038
masat@aguarda.es

Horario

Inverno:
Martes a domingo de 11 a 17 h.
Verán:
Martes a domingo de 10 a 20 h.
Luns pechado
Pechado en xaneiro


Tarifas

Entrada xeral: 1 €
Nenos/as: 0,50 €
De Semana Santa a finais de setembro pódense realizar visitas guiadas ao conxunto histórico do monte Santa Trega.
Visitas regulares: gratuítas, con horarios e percorridos establecidos
Visitas concertadas, dirixidas a grupos, con reserva previa. Prezo: 1,50 € adultos, 0,50 € nenos.