Ir o contido principal

Museo Etnográfico da Limia

Museo Etnográfico da Limia

O museo

O museo está instalado na antiga casa rectoral da parroquia de Vilar de Santos. Ten seis salas nas que se mostran aspectos relevantes da vida tradicional da vila.

A sala da Limia está dedicada á mostra de aspectos socioeconómicos da comarca. A sala do liño recrea os procesos de transformación da planta en tecido. A sala dos oficios consta de pequenas reproduccións dos lugares de traballo para a cantería, a forxa e a carpintería. A sala da pataca dedicase ó cultivo da pataca que é, na actualidade, unha das principais fontes de ingresos. Na sala da casa recóllese o espazo privado das xentes da Limia: cociña e leito coa súa moblaxe e co enxoval. O agro está representado no patio no que se poden ver útiles e aparellos de labranza e gandería.

Ademais, conta cun taller de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada. No museo concértanse visitas guiadas, sendo os guías artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.

http://www.museodalimia.com

Rúa Celanova, 63
32650 , Vilar de Santos

Tlf. 988465883
Fax 988465863

patronato@museodalimia.com

Horario

Martes a domingo de 11:30 a 13:30 h. e de 17:30 a 19:30 h.


Tarifas

1,50 €