A Fundación Laxeiro foi constituída en Vigo en 1999 para custodiar, conservar e difundir a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996) doou á cidade de Vigo. Formada por sesenta e catro obras, moitas delas auténticas xoias da arte galega do século XX, a colección permanente posibilita un completo percorrido pola traxectoria profesional de Laxeiro, quen é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega.
As actividades da Fundación Laxeiro complétanse ademais cunha programación anual de exposicións temporais, nas que combina propostas da Vangarda histórica galega, con proxectos expositivos de arte contemporánea.
O perfil en Flickr da Fundación Laxeiro mostra boa parte das obras da colección.
Policarpo Sainz, 15 3º
36002 , Vigo
Tlf. 986438475
Fax 986438475
fundacion@laxeiro.es
Horario
Luns a venres de 8 a 15 h.
Luns, martes e xoves de 18 a 21 h.
Visitas guiadas previa cita, de 10 a 13 h. e de 18 a 20:30 h.
Exposicións: luns a venres de 18 a 21h; sábados de 12 a 14 h. e de 18 a 21 h.; domingos e festivos de 12 a 14 h.
Pechada 25 de decembro e 1 de xaneiro
Tarifas
Entrada gratuíta