Ir o contido principal

Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

O museo

Este museo ten a súa orixe no Gabinete de Historia Natural, creado en 1840, con coleccións destinadas á docencia universitaria. Desde 1906, ano en que acadou a categoría de Museo, o seu patrimonio experimentou un incremento constante, tanto na cantidade como na calidade das coleccións. Tamén ás actividades docentes foron sumándose outras de investigación e de divulgación científica.

Na actualidade alberga importantes coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas, algunhas delas elaboradas por profesores da universidade compostelá e por científicos e naturalistas galegos, e outras son resultado de doazóns, intercambios e adquisicións. Hai salientables coleccións, únicas en España, como a colección de modelos cristalográficos en madeira feita baixo a dirección de R. Haüy, ou a colección malacolóxica de Emilio Rolán.

Despois dun período de 50 anos instalado nun reducido espazo da facultade de Química, a súa reapertura en outubro de 2014 nun novo edificio no Parque de Vista Alegre, supuxo o comezo dunha nova etapa de profundos cambios, tanto nas exposicións como nas actividades que nel se desenvolven.

As novas salas expositivas están deseñadas seguindo as tendencias máis recentes de mostrar o medio natural en escenarios realistas que reproducen diferentes tipos de ecosistemas.

 

http://revistas.usc.es/museohn

Parque de Vista Alegre, s/n
15782 , Santiago de Compostela

Tlf. 881 816 354
visitas.museohistorianatural@usc.es

Horario

Inverno:
Martes a sábado de 10 a 14 h. e de 16:30 a 20 h., domingo de 11 a 14 h.
Verán:
Martes a sábado de 10 a 14 h. e de 16:30 a 20:30 h., domingo de 11 a 14 h.
Pechado os luns e os días 24, 25 e 31 de decembro


Tarifas

Entrada individual: 3 €
Menores de 18 anos e xubilados: 2 €
Estudantes, PDI e PAS da USC: 1 €
Estudantes e profesores alleos á USC: 2 €. En grupos organizados: 1 €
Entrada familiar: 1 adulto + 1 neno/a: 4 €. Cada adulto ou neno adicional: 2 €
Entrada gratuíta a exposicións temporais
Visitas guiadas e guía para grupos: consultar na web do museo