Ir o contido principal

Ata o 30 de marzo de 2015 Unha marea de ondas lúdicas

Unha marea de ondas lúdicas

O Museo do Mar de Galicia expón unha fantástica mostra de xogos e xoguetes antigos relacionados co mar, pertencentes á amplísima colección da Fundación Raquel Chaves e ao MuGain (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete). Os visitantes de máis idade atoparán reflexos da súa infancia e os máis novos e novas gozarán descubrindo xogos para eles descoñecidos. 

A exposición pódese visitar no horario de apertura do museo: de martes a domingo de 10 a 14 h e de 17 a 19 horas