Ir o contido principal

Do 15 de xullo ao 16 de outubro do 2016 Stefan Brüggermann. To be political it has to look nice

Imaxe da obra do artista

A obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) abriu unha maneira diferente de abordar os aspectos sociolóxicos e culturais da linguaxe. O seu traballo incide nesas contradicións lingüísticas que conforman os paradoxos da vida e a convivencia, pondo en cuestión a rixidez do politicamente correcto, precisamente por falso. A súa exposición no CGAC está construída a partir de intervencións espaciais que cuestionan a orde dos conceptos, a lóxica das normas e, particularmente, as convencións do sistema da arte.

Comisario: Santiago Olmo