Ir o contido principal

Do 13 de maio ao 28 de maio do 2016 As paisaxes culturais da educación en Galicia Celebración do Día dos Museos

Día dos Museos

Este ano, o Día Internacional dos Museos (18 de maio) ten o lema "Museos e Paisaxes Culturais", que pon de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe do que forman parte, ao cal poden contribuír aportando os seus coñecementos e competencias propias, sendo protagonistas activos da súa xestión e bo mantemento. Resaltar o lazo existente entre os museos e o patrimonio cultural é facer xurdir a idea de que os museos tamén funcionan como centro territorial nunha protección activa da paisaxe cultural. Enténdese por paisaxe cultural o resultado da acción do desenvolvemento de actividades humanas nun territorio concreto, é dicir aquel que se caracteriza porque interveu o home mediante a construción de aldeas, cidades, estradas, pontes etc.

Neste senso, ademais doutras actividades coma xornadas de portas abertas, roteiros individuais ou obradoiros en familia, o Museo fai unha pequena exposición temporal para mostrar una escolma de fotografías onde se poden apreciar diferentes paisaxes culturais relacionadas coa educación, desde escolas baixo a construción de estilos Indianos a escolas decadentes que dominaron a paisaxe cultural de Galicia na primeira metade do s.XX.

Esta actividade será posible de martes a sábado de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h.