Ir o contido principal

Aberta todo o ano O viño na adega. Vellos traballos. De San Miguel a San Martiño

Na propia adega do museo, pódese ver esta exposición que expón por vez primeira varias pezas singulares da colección vitivinícola deste Museo, ao tempo que mostra as vellas formas de vinificación. Tanto as pezas como as fotografías fan referencia ao traballo de vinificación na adega, a un método tradicional e popular, profundamente enraizado nos costumes do Ribeiro, e que aínda mantén unha presenza testemuñal en explotacións familiares.