Do 8 de outubro do 2015 ao 30 de xaneiro do 2016 O espazo máxico: 25 anos da revista Peonza

Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

Esta exposición creouse para conmemorar os XXV anos de vida da revista Peonza (Revista de Literatura Infantil e Xuvenil), que desde os anos sesenta renovaron a literatura infantil.

Consta de 87 textos literarios onde aparece o peón, cada un acompañado por unha ilustración caracterizada por un estilo, unha técnica e unha interpretación e lectura persoal do texto.

O MUPEGA completouna cunha colección de 25 buxainas, de diferentes partes do mundo e tipoloxías pertencentes ao fondo do museo, para dar a coñecer a traxectoria que, dende hai tempo, leva a buxaina nos xogos dos nenos e nenas de Galicia. A intención é recrear un espazo que, a partires da suxestión de mundos imaxinarios (da literatura e das ilustracións), convide o encontro persoal coa lectura, tendo como fío condutor as buxainas.

A mostra pode visitarse no horario habitual do museo: de martes a sábado de 10 a 14h e de 16 a 20h.