Ata o 1 de maio de 2016 Explorando no caos. Xosé Luis Otero

Museo do Mar de Galicia

Logo de percorrer Europa, a obra do artista orensán residente na cidade olívica regresa a Vigo e visita o Museo do Mar de Galicia. Nesta exposición Xosé Luís Otero mostra un proxecto expositivo altamente heteroxéneo e renovador, no que combina pezas realizadas en técnica mixta sobre lenzo de gran formato con instalacións e proxeccións.

O artista busca transmitir emoción e sentimento e abrir un diálogo co espectador, converte a súa obra en instrumento de creación poética e emprega diferentes formas e técnicas, así como distintos soportes, buscando non só crear cousas belas, senón afrontar un feito xenerado por experiencias acumuladas.

A exposición estará no museo ata o 1 de maio e pode visitarse de balde no horario de apertura do museo.