Do 7 de marzo a mediados de maio Atrapadas na rede. Homenaxe ás redeiras

Museo Massó

Atrapadas na rede

O Concello de Bueu e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) dedican este ano o Día Internacional das Mulleres ao colectivo das redeiras, tan presente no Concello de Bueu. Aproveitando esta conmemoración, o Museo Massó súmase á homenaxe do traballo deste colectivo, imprescindible para a saída dos barcos a pescar. 

Entre os fondos que se expoñerán, procedentes do antigo atadeiro de redes dos Massó, hai utensilios de traballo, mostras do fío mercado pola fábrica, catálogos, publicidade, correspondencia e fotos antiguas. As estrelas da mostra son dúas redes "centenarias", ambas doazóns de particulares: unha da arte do xeito e unha rapeta.