Ir o contido principal

Museo Diocesano de Tui

Museo Diocesano de Tui

O museo

Está situado no antigo edificio do Hospital de Pobres e Peregrinos inaugurado no ano 1756. Conta con tres plantas, capela e patio interior. A colección permanente consta dunha sección de arqueoloxía con pezas de gran valor histórico, como un sarcófago romano, un casco celta do século III - II a.C. atopado en Caldelas de Tui e numerosas pezas arqueolóxicas procedentes de escavacións na zona.

A sección de arte sacra conta con obras procedentes de igrexas da Diocese de Tui-Vigo, entre as que destacan a escultura do Cristo románico do século XII ou a arca eucarística do Monumento do Xoves Santo que procede do Porriño, realizada en prata no século XVII.

Finalmente, na sección de pintura e escultura pódense atopar pezas tan interesantes como a imaxe da Virxe co Neno do século XVI, atribuída a Juan de Juni ou a Virxe da Expectación tallada por Alonso Martínez de Montánchez en 1602. Destacan os cadros da Inmaculada inspirado nas inmaculadas de Murillo e os retratos dos bispos dos séculos XIX e XX. Entre toda a colección do museo destacan os "sambenitos", grandes pezas de tea do século XVII que son a testemuña das penitencias impostas polo Santo Oficio aos herexes reconciliados coa Igrexa. Estas pezas son únicas en España.

http://www.diocesetuivigo.org/diocese/museo.html

Praza do Concello, s/n
36700 , Tui

Tlf. 986600511
bispado@diocesetuivigo.org

Horario

1 xuño ó 15 outubro:
Martes a domingo de 10:00 a 13:30 horas e de 16 a 20 h.
Luns pechado


Tarifas

0,50 €