Ir o contido principal

Museo Etnográfico e do Viño de Cambados

Museo Etnográfico e do Viño de Cambados

O museo

A Colección Etnográfica e do Viño está situada xunto a un dos lugares mais emblemáticos do concello, ao carón das ruínas da igrexa medieval de Santa Mariña Dozo (século XV).

O centro está dedicado a explicar todos os temas relacionados co cultivo da vide e coa produción vinícola; o discurso expositivo deseña un percorrido pola historia, a arte, a cultura popular, así como por todos os aspectos vitivinícolas das distintas variedades de cepas e a elaboración do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

http://www.cambados.es

Avenida da Pastora, 104
36630 , Cambados

Tlf. 986526119
museodelvino@hotmail.es

Horario

Inverno:
Martes a sábado de 10 a 14 h. e de 16:30 a 19:30 h.
Domingo de 10 a 14 h.
Verán:
Martes a sábado de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Domingo de 10 a 14 h.


Tarifas

Entrada xeral: 3,20 €
De 10 a 18 anos, maiores de 65 e grupos de máis de 20 persoas: 1,60 €
Nenos/as ata 10 anos e colexios: gratis