5 de agosto - 10:00h Singraduras didácticas no Chasula

Viaxe pola Ría a bordo dun pesqueiro

Museo Massó

As singraduras realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e teñen un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira.

Os horarios son os seguintes:

Martes 4 de agosto: ás 10:00, 12:00, 16:00 e 18:00 h.

Mércores 5 de agosto: ás 10:00, 12:00, e 16:00 h.

É necesaria a inscrición previa e a súa confirmación 24 h. antes da saída.

Os menores deberán de ir acompañados, e recoméndase levar calzado apropiado.

Duración: 1 h e 30 minutos aprox.

Lugar de celebración

Museo Massó (Bueu)