Do 17 de xullo ao 30 de setembro do 2020 - 10:00h Roteiros Troyanos

Roteiro e visita guiada

A actividade dos Roteiros Troyanos comezará o 17 de xullo. Sairán do pé da estatua de Montero Ríos, na Praza de Mazarelos e rematarán na Casa de la Troya, incluíndo a visita ao museo. O número de participantes por cada visita será de 10 e ten un custo de 5 € por persoa e 2 € para as rapazas e rapaces de 6 a 14 anos.

Poderá reservarse previamente tanto as visitas ao Museo como aos Roteiros, chamando ao teléfono do museo (981 585 159) ou enviando un correo a visitas@lacasadelatroya.gal.

Lugar de celebración

Museo Casa da Troia (Santiago de Compostela)