7 de novembro - 10:30h Introdución á técnica do óleo

Obradoiro de pintura os sábados no Museo de Belas Artes da Coruña

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes ofrece todos os anos obradoiros especiais relacionados coa pintura e aplicados aos seus fondos, como un xeito máis de achegar as obras ao público, afondando no coñecemento das técnicas empregadas.

Este ano, a colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña servirá como punto de partida para introducir e desenvolver a técnica do óleo, un método de pintura que utiliza o aceite para mesturar os pigmentos, achegar fluidez, pero tamén permitir unha pintura máis dura e espesa, así como unha gran riqueza e calidade de tonalidades e cores. Será dirixido por Yolanda Dorda.

 

En virtude do disposto en relación coas actividades culturais nos museos no marco da crise sanitaria do Covid19, o número de alumnos limitarase a dez, que deberán levar o seguinte material para evitar a manipulación do mesmo por outras persoas: unha paleta, un lapis brando 6B, trapos, unha camiseta ou mandil, e os pinceis que lles indicará a profesora o primeiro día do obradoiro. O resto dos materiais serán entregados no museo.

 

Inscrición: Chamar ao museo para anotarse e, unha vez confirmada a praza, enviar cuberto o impreso de inscrición xunto co xustificante do pago a mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou entregalos no museo (máis  información no teléfono 881 881 700 de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas).

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)