Do 7 de xullo ao 31 de xullo do 2020 - 10:00h Concilia Lánsbrica 2020

Campamento de verán para nenas e nenos de 6 a 14 anos

Concilia Lansbrica é un programa de atención á infancia e lecer educativo que busca dar apoio ás familias favorecendo a súa conciliación laboral e familiar.

No mes de xullo arranca o I Campamento de Verán no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, que se desenvolverá en 4 quendas semanais do 7 ao 31 de xullo. Todas as actividades programadas están orientadas cara a consecución de hábitos de vida saudables, o fomento de actitudes solidarias e de convivencia, a promoción da igualdade de xénero e o respecto cara ao medio ambiente.

As familias interesadas poderán inscribir aos seus fillos e fillas ben nunha ou varias quendas, ben en días esporádicos, existindo en ambos casos dúas opcións: xornada completa ou media xornada. Ademais, haberá servizo de comedor e merenda para os e as participantes que así o soliciten.

Coas máximas garantías de hixiene e prevención sanitaria.

No PDF adxunto está o programa e toda a información en detalle.

Lugar de celebración

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (San Amaro)