18 de novembro - 11:30h Alegatos a medida. Indumentaria do século XX

Curso de arte e moda, os mércores no Museo de Belas Artes da Coruña

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes ofrece todos os anos cursos relacionados coa arte para, ao mesmo tempo, afondar na colección do Museo. Este ano, a piques de inaugurar unha gran exposición de moda, “Alegatos a medida” realiza un percorrido social, económico e cultural polo século XX en Occidente, a través da evolución da vestimenta. A moda, en estreita relación coa arte, a música e o cine, será un manifesto fiel da historia do seu tempo.  Será levado a cabo por Carolina Munáiz.

En virtude do disposto na lexislación vixente sobre medidas de prevención ante á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,  limitarase o aforo do salón de actos do Museo a 40 persoas, con localidade preasignada e o uso da mascarilla durante a celebración do curso. A solicitude de praza poderase realizar a través da dirección de correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou no teléfono 881 881 700, en horario de 9:00 a 14:00h

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)