Do 11 de maio ao 14 de xuño do 2020 - 10:00h #aculturasegue. Belas Artes na casa

Museo de Belas Artes da Coruña

Nestes momentos de confinamento, o Museo de Belas Artes está a organizar actividades para "quedar na casa", facendo así partícipes aos cidadáns da experiencia de vivir e coñecer o Museo a través de xeitos diferentes coas novas tecnoloxías.

Coincidindo coa exposición sobre Luís Seoane que hai uns meses se inaugurou no Museo, e namentres esperamos a que reabra, o Museo ofrece un conxunto de actividades on line relacionadas con ela, e que se poden atopar na ligazón www.belasartesnacasa.es.

Na visita virtual á exposición pódese acceder a todos os seus contidos, ás obras expostas, os paneis e ás cartelas comentadas.

Tamén se pode acceder ao catálogo en formato pdf: Luís Seoane no Museo de Belas Artes. O legado de Maruxa Seoane.

Hai dispoñible tamén materiais educativos para os máis pequenos da casa. Un paquete de actividades moi completo destinado a nenas e nenos de primaria, integrado por fichas, xogos interactivos e vídeos cos que poderán descubrir algunhas curiosidades sobre a vida e obra do polifacético artista, dun xeito máis lúdico.

Lugar de celebración

Museo de Belas Artes (A Coruña)

Galería

  • #aculturasegue. Belas Artes na casa