Pasar al contenido principal

Ganadores del concurso "O mes de abril na tradición"

#aculturasegue

Este ano está a ser moi estraño polas especiais circunstancias que estamos a vivir e que, obviamente, non permiten os eventos e as celebracións aos que estabamos acostumados/as. Pero os nosos museos fixeron outras propostas a través das redes sociais para que o 23 de abril se celebre igualmente o Día do Libro. Por exemplo, o Museo Etnolóxico de Ribadavia convocou un concurso nas redes para conmemoralo: "O mes de abril na tradición". Sorteáronse dúas publicacións entre os/as participantes, e estas foron as persoas gañadoras!:

  • O catálogo O calendario agrícola: Carmen Vázquez
  • Os catro elementos: Telmo Cabaleiro

 

Tamén houbo premios especiais á orixinalidade para a Residencia Quercus, Aitor F. e Mateo M.B.

Parabéns, e grazas por ter participado!