Pasar al contenido principal

Actividades no Museo Liste. Programación

Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo do 2026 - 10:00h Actividades no Museo Liste. Programación Actividades e exposicións no Museo Liste para o primeiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o primeiro trimestre de 2026, de xaneiro a marzo.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Iconografía do Nadal", e a celebración do Entroido con "Ao entroidar, no só máscaras has de levar" e "Identidade/Outredade: a cultura enmascarada", máis aló da celebración.

Las actividades cíclicas, que desta banda corresponden coas celebracións e rituais máis importantes desta época: "Entroido vigués: 20 años da volta dos merdeiros", con parte teórica, expositiva e práctica.

As actividades especiais: "Os sons do traballo", "Un día na vida de Xan e Maruxa" e "Misión imposible", ademais das de "Enigma" e "Dende as lentes de Castelao".

Por outra banda, hai propostas de percorridos alternativos e os obradoiros "emerxentes". Trátase de que o museo, como lugar de encontro e creador de experiencias que propician a interactividade, traballa con grupos, guiados por educadoras, para mergullarse no tema suxerido a través da contemplación, a manipulación, a construción, a comparativa e a reflexión. As propostas son as seguintes: "A emoción, un atallo da memoria", "Entre culturas: a miña maleta, novos comezos" e "Sororidade: irmás máxicas de fío e agulla".

Tamén se propoñen dous concursos: o XIII Concurso fotográfico "No peirao" e o XIV concurso de relatos para nenas e nenos "Artigo-desexo".

A información completa, cos contidos e os horarios, pódese consultar nesta ligazón do Museo Liste.