Pasar al contenido principal

A arte de navegar

3 de agosto - 12:00h A arte de navegar Obradoiro práctico para aproximarse aos contidos do Museo Massó dun xeito diferente

A arte de navegar require de coñecementos en materias como astronomía, matemáticas, xeometría e cartografía. Neste obradoiro as nenas e nenos coñecerán e descubrirán as partes principais dun barco e a distribución de tarefas que se realizan a bordo mediante un xogo en equipo onde a tripulación deberá superar algunhas probas empregando coñecementos básicos de diferentes disciplinas.

Dirixido a nenas e nenos dende seis anos.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.