12 de maio do 2020 Os museos únense á MuseumWeek 2020

#MuseumWeek2020 #aculturasegue

Un ano máis, os nosos museos únense á #MuseumWeek e aos 7 hashtags da 7ª edición. Unha sinerxía única no mundo, fonte de tráfico, diversidade e creatividade.

A MuseumWeek convida a favorecer as experiencias museísticas máis transversais, lúdicas e educativas e a comunicalas polas redes sociais.

Este ano o lema para a MuseumWeek é Tod@sunid@s. Ante a crise sanitaria vinculada ao coronavirus reforzouse o desexo de promover esta mensaxe universal, e MuseumWeek é un apoio para as poboacións confinadas e para quen loita contra esta enfermidade.

Segue aos nosos museos durante a MuseumWeek! 

 

Goza e comparte experiencias ao redor dos 7 temas propostos para este ano, e descobre por que xuntos somos máis fortes.

Luns 11 de maio: #HéroesMW
Martes 12 de maio: #CulturaEnCuarentenaMW
Mércores 13 de maio: #JuntosMW
Xoves 14 de maio: #MomentosMuseoMW
Venres 15 de maio: #ClimaMW
Sábado 16 de maio: #TecnologíaMW
Domingo 17 de maio: #SueñosMW