O Museo das Mariñas de Betanzos publica "Mulleres artistas no Museo das Mariñas"
O Museo das Mariñas de Betanzos ven de publicar o cómic Mulleres artistas no Museo das Mariñas coincidindo coa celebración do 25-N.
O Museo das Mariñas leva tres anos traballando neste proxecto de darlle visibilidade ás mulleres artistas que teñen obras no museo. O museo agradece a colaboración neste proxecto de Alicia Maneiro, Antía Arcay, Carmen Díaz, María Doporto, Carmen Vidal, Mª América Díaz, Markus Hoffman, Juan Mª Otero, Natalia Buyo, Paz Moreno, Irene Paredes, Olivia Barbero, Victoria Penide, Eugenia Tenenbaum e Sara Fraga.
O cómic trata dunha historia da arte local que abarca dende Teófila Sasiaín, Sofía Feliú ou Elvira Santiso a Carmen Seijas, Julia Aguiar ou Isa Durá. Por suposto tamén Iria Fafián, quen levou esta historia ao papel.
Este cómic foi posible grazas a unha axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos
Pódese descargar o cómic "Mulleres artistas no Museo das Mariñas" dende a seguinte ligazón.