Campaña #aculturasegue
Dende a Dirección Xeral de Políticas Culturais animan a empregar o hashtag #aculturasegue porque a cultura e a lingua de Galicia están na casa, pero non paran... e porque todos queremos máis cultura e lingua. Empreguemos #aculturasegue para mostrar o compromiso co noso!
Dende todas as unidades da Consellería de Cultura e Turismo estamos a realizar un grande esforzo por divulgar contidos culturais de interese a través das nosas redes sociais e webs. Queremos achegar opcións de ocio ao conxunto da cidadanía galega que emprega as tecnoloxías da información e a comunicación.
Propoñémosvos un achegamento singular ás arquitecturas dos nosos museos, que ás veces pasan desapercibidas xa que nos centramos no seu contido... Por exemplo:
- Sabiades que o Museo Massó medrou nunha fábrica de conservas?
- Ou que o edificio onde está o Museo Arqueolóxico de Ourense posúe unha historia que arranca na propia Idade Media?
- Ou que o Museo do Viño de Galicia era unha das maiores adegas da comarca? Aínda conserva os seus lagares...
Se premes sobre cada un podes achegarte ás súas historias.