Skip to main content

Calendario de actividades no Día Internacional dos Museos

Calendario de actividades no Día Internacional dos Museos

Programa do Día Internacional dos Museos

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio. Este ano a cita desenvólvese baixo o lema “Museos e Historias controvertidas: dicir o indicible nos museos”, para salientar a responsabilidade dos museos en promover e comunicar que as coleccións dos museos encarnan os medios da memoria e da representación da historia, tamén daquelas memorias feridas, para poder reflexionar máis aló dos individuos na busca da reconciliación.

Este é o calendario pormenorizado; pódese atopar información máis detallada en cada un dos museos.