Skip to main content

San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros”

12 de novembro - 20:00h San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros” Ciclo de conferencias

Permanece aberta ata decembro de 2021 a Exposición «San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros» organizada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021, con máis de 150 obxectos da colección particular de Félix Castro Vicente (Arquivo Castro Vicente), con montaxe de Xosé Lois Vázquez e Disigna Edenia, e fotografías de Mark Ritchie.

Con este motivo organízase un ciclo de conferencias que pretende afondar nalgúns dos aspectos dos catro ámbitos da Exposición (San Cipriano o Santo; San Cipriano o Mago; a busca de tesouros, e San Cipriano no mundo).

«San Cipriano» de Antioquía como santo mago convertido ao cristianismo ofrécenos unha faciana ambivalente, por unha banda relixiosa de protector contra os feitizos e mal de ollo coa súa «oración de San Cipriano», e por outra como sabio patrón das artes máxicas ao que se lle atribúen obras máxicas en toda Europa, destacadamente o «Libro de San Cipriano» ou ciprianillo no noroeste peninsular. Xoga tamén un importante papel nas tradicións de desencantamento de tesouros, xa que o seu libro máxico conxugouse coas listas de tesouros que circulaban dende tempo atrás; e finalmente a difusión da súa figura por gran parte do mundo por mor das migracións.

Conferencias

- 1 de outubro ás 20:00 h

José Leitão: «Livros de São Cipriano pré-Contemporâneos: Relatos e Manuscritos»

- 8 de outubro ás 20:00 h

Félix Castro: «San Cipriano o Mago: o santo de múltiples facianas»

- 12 de novembro ás 20:00 h

Bea Comendador: «O mapa mítico dos «haberes» da mourindade»

- 19 de novembro ás 20:00 h

Rafael Quintía: “Mouros, mouras e tesouros: mito e identidade na sociedade da carestía”