Skip to main content

Ciclo de cinema Marxes fílmicas

14 de xullo - 22:00h Ciclo de cinema Marxes fílmicas Proxeccións de películas ao aire libre no patio do Museo

Chega xullo e tamén chega o ciclo de cinema Marxes Fílmicas, que se leva a cabo dende o ano 2012, en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, encargado da selección, xestión e proxección dos filmes. Este ano, na súa décima edición ofrécese un percorrido polas marxes do cinema peruano.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19

Máis información:

http://museoetnoloxicoribadavia.blogspot.com/

https://cineclubepf.blogspot.com/

A cita será na primeira quincena de xullo: luns 5, mércores 7, luns 12 e mércores 14 ás 22.00 h no patio do Museo Etnolóxico, até completar a capacidade, de balde e en versión orixinal, coas medidas de hixiene e seguridade decretadas polas autoridades ante a pandemia da Covid-19.

Este ano a selección busca un híbrido representativo sobre os diferentes campos do cinema peruano: fórmula comercial, cinema de autor, filmes autoxestionados, xénero documental e curtametraxes, con autoras e autores emerxentes e consagradas/os.

As citas son as seguintes:

Luns 5 de xullo, 22.00 h. Bajo la piel (Perú, 1996) 110 min. Dirixida por Francisco J. Lombardi.

Mércores 7 de xullo, 22.00 h. Madeinusa (Perú, 2016) 100 min. Dirixida por Claudia Llosa.

Luns 12 de xullo, 22.00 h. Las malas intenciones (Perú, 2011) 106 min. Dirixida por Rosario García Montero.

Mércores 14 de xullo, 22.00 h. Canción sin nombre (Perú, 2019) 97 min. Dirixida por Melina León.