Skip to main content

Arqueoloxía en Monodose

16 de novembro - 19:30h Arqueoloxía en Monodose Conferencias para divulgar diferentes aspectos da arqueoloxía

O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas os luns do mes de novembro. Tamén se poderán seguir en streaming, nas ligazóns que o museo irá subindo nas redes sociais.

Son as seguintes: 

- 2 de novembro: "A igrexa de Santalla de Esperante (Lugo): estudos de investigación e documentación dun monumento excepcional da Gallaecia tardoantiga e altomedieval” por Rubén Darío Álvarez Asorey e Roberto Bartolomé Abraira

A intervención nesta igrexa lucense permitíu descubrir unha fiestra do tipo prerománico asturiano

Poderase seguir na ligazón:

- 9 de novembro: "A vila romana dos Escouredos (Castro de Rei, Lugo)” por Manuel Lestón Gómez

O xacemento dos Escouredos ou de Coega presenta unha edificación de época romana baixoimperial, que ten proporcionado un numeroso conxunto de materiais cerámicos, vidros, etc. e na que se terían desenvolvido actividades relacionadas coa metalurxia

- 16 de novembro: "A Idade do Ferro do Noroeste: notas sobre identidade social, etnicidade e a percepción do «céltico»” por Samuel Nión Álvarez

- 23 de novembro: "Patróns de ocupación no Paleolítico galego: as decisións que moldearon a paisaxe” por Mikel Díaz Rodríguez  

- 30 de novembro: "Tongobriga en perspectiva: novas formas de vivir o patrimonio arqueolóxico” por Jorge Sampaio 

 

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.