Skip to main content

O Seixidal: unha viaxe ás nosas raíces

13 de novembro - 19:00h O Seixidal: unha viaxe ás nosas raíces Documental

O Centro Etnográfico O Seixidal, no concello das Somozas invítanos á presentación do documental "O Seixidal: unha viaxe ás nosas raíces", de Alicia Freire.

Este espazo, que recentemente se incorporou de forma oficial á Rede Galega de Museos da Xunta de Galicia, destaca pola recuperación da memoria, como ben se demostra no propio documental, unha proposta audiovisual para descubrir a historia, as costumes e a memoria do noso rural, achegándonos ás nosas orixes e identidade.

Será no centro cívico das Somozas. Pódese ver un avance do documental nesta ligazón.