Skip to main content

Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno

Do 29 de outubro ao 10 de decembro do 2026 - 19:00h Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno Ciclo de conferencias

Con motivo do 90 aniversario da morte de Ramón María del Valle-Inclán, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle un ciclo de conferencias a cargo de personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura.

Baixo o título Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno, o ciclo pretende afondar na súa figura.

Datas: 29 de outubro, 5 de novembro, 14 de novembro, 26 de novembro, 2 de decembro e 10 de decembro de 2026.

Lugar: Salón de actos do Museo

Entrada de balde ata completar aforo

Programa

Xoves, 29 de outubro - 19:00 horas

Que é o esperpento?. Por Joaquín del Valle-Inclán Alsina (Investigador e biógrafo)

Xoves, 5 de novembro - 19:00 horas

A Raíña Castiza del Valle: España, como ridículo teatrillo dos monicreques. Por Ana Zamora (Directora de escena)

Sábado, 14 de novembro - 17:30 horas

Centenario de Tirano Banderas. Proxección de Tirano Banderas coa presenza da actriz María Galiana.

Xoves, 26 de novembro - 19:00 horas

Luces de bohemia na escena española. Por Eduardo Vasco (Director do Teatro Español de Madrid)

Mércores, 2 de decembro - 19:00 horas

Valle-Inclán, un faladoiro sobre o oficio teatral. Por Tito Asorey (Actor e director de escena) e Pablo Rivero (Actor)

Xoves, 10 de decembro - 19:00 horas

Falando de Valle con fervor. Por José Carlos Plaza (Director de escena)