Skip to main content

(Re)descubrindo o pasado de Lugo

Do 29 de setembro ao 30 de setembro do 2026 - 18:00h (Re)descubrindo o pasado de Lugo Novas achegas da investigación do pasado de Lugo

A Domus do Mitreo organiza unhas conferencias baixo o título "(Re)descubrindo o pasado de Lugo, novas achegas da investigación", nas que se darán a coñecer ao público en xeral novas perspectivas da prehistoria e historia antigua da provincia. As sesións terán lugar os días 29 y 30 de septiembre a partir das 6 de la tarde na Casa do Saber (auditorio do Museo) e son de libre acceso ata completar o aforo. As ponencias son as seguintes:

29 de setembro

Hugo Bal García (GEPN-AAT, CISPAC): Das hienas de Castroverde ao mamut do Incio: a investigación arqueopaleontolóxica na província de Lugo

Tania Mosquera Castro (USC): Uros, figuras humanas e cometas. Unha achega á arte paleolítica de Cova Eirós

30 de setembro

Francisco Folgueira Ríos (USC): Unha cidade con vistas: a paisaxe arqueolóxica de Lucus Augusti e o seu territorio

Diego Torres Iglesias (Director do Museo do Castro de Viladonga): Quen te viu e quen te ve: redescubrindo o castro de Viladonga