Skip to main content

Concertos de outono

Do 27 de setembro ao 29 de novembro do 2026 - 12:30h Concertos de outono XXVIII edición deste veterano ciclo de concertos no museo

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.

Datas: Domingos, 27 de setembro, 11 e 18 de outubro, 22 e 29 de novembro de 2026.

Horario: 12:30h

Lugar: Salón de actos do Museo.

Entrada libre ata completar aforo. Para información máis pormenorizada sobre os/as intérpretes e o programa, premer nesta ligazón.

Programación

27 de setembro

Haruna Takebe (piano)

*Concerto en colaboración con Festival Vertixe 14

11 de outubro

Dúo Aria Nostra

Lis Teuntor (soprano)

Julián Jesús Pérez (piano)

18 de outubro

Laura Lorenzo (frauta)

Brais González (piano)

22 de novembro

Elisa Vázquez Doval (piano)

29 de novembro

Dúo Marco

Marta Vélez (violín)

Constantino Pérez (piano)