Skip to main content

Ciclo de cinema cubano

Do 6 de outubro ao 27 de outubro do 2026 - 19:30h Ciclo de cinema cubano No marco da exposición "Habana Mater"

Dentro do marco da exposición Habana Mater, o Museo de Belas Artes da Coruña presenta este ciclo de cine cubano.

Datas: Martes 6, 13, 20 e 27 de outubro de 2026.

Horario: 19:30h

Entrada libre ata completar aforo

Programa

Martes 6 de outubro

La bella del Alhambra (1989). Dirixida por Enrique Pineda Barnet, baseada na novela Canción de Rachel de Miguel Barnet.

Martes 13 de outubro

Soy Cuba (1964). Dirixida por Mijaíl Kalatózov.

Martes 20 de outubro

Suite Habana (2003). Dirixida por Fernando Pérez.

Martes 27 de outubro

Gallegos: oficio de emigrantes (2008). Documental de Natasha Vázquez.