3 de outubro - 11:00h Roteiro pola pegada cubana na Coruña No marco da exposición Habana Mater
Dentro do marco da exposición Habana Mater, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha visita guiada de 2 horas pola Coruña para explorar a profunda conexión entre Galicia e Cuba, a través da memoria material e inmaterial dos galegos que emigraron e regresaron da Gran Antilla. Este percorrido de 1,2 km levaranos a través de 200 anos de historia compartida, desde a apertura do porto da Coruña ao comercio con América en 1764 ata o peche do consulado cubano coruñés en 1961.
Acompañados por Alberto Fuentes Valcárcel e Arantxa Fernández Crespo
Data: Sábado, 3 de outubro de 2026
Horario: 11:00 h.
É necesaria a reserva de praza. Para a inscrición, premer nesta ligazón