Skip to main content

Celebración do día mundial do chocolate

12 de setembro - 11:00h Celebración do día mundial do chocolate Xornada de portas abertas con degustación

A Colección Museográfica Casa do Chocolate organiza unha xornada de portas abertas con motivo da celebración do día mundial do chocolate.

A xornada incluirá unha degustación de chocolate e bica, e contará coa actuación da agrupación folklórica "Suasairas"

Realizaranse visitas guiadas gratuítas ata completar aforo en catro quendas ao longo do día:

- Pola mañá: 11:00 h e 12:30 h.

- Pola tarde: 16:00 h e 17:30 h

Reservas no teléfono: 689 683 713