Skip to main content

A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias

29 de xuño - 19:30h A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias Ciclo Arqueoloxía en Monodose

O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, a conferencia abordará as posibilidades que está abrindo a intelixencia artificial no ámbito patrimonial, a cargo de Guillermo Díaz Bouzas. Preséntase unha aproximación ás aplicacións de IA, e reflexionarase sobre os desafíos éticos e metodolóxicos

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense