Skip to main content

Centenario voo Madrid-Manila de Joaquín Loriga

Do 18 de xuño ao 20 de xuño do 2026 - 19:30h Centenario voo Madrid-Manila de Joaquín Loriga Actos conmemorativos no Museo Ramón María Aller de Lalín

O Museo municipal Ramón María Aller acolle os actos conmemorativos na honra de Joaquín Loriga, con motivo do centenario do voo Madrid-Manila:

 

  • O xoves 18 de xuño (19.30 horas no Museo Municipal) presentarase o libro "El gran vuelo Madrid-Manila", do escritor e xornalista Álber Vázquez, unha obra clave para comprender este fito histórico do que se acaban de cumprir cen anos.

 

  • E o sábado 20 de xuño (12.00 horas no Museo) terá lugar unha conferencia sobre o autoxiro impartida polo coronel do Exército do Aire, Fernando Roselló, un dos pilotos máis recoñecidos de España que chegou a voar a réplica histórica do autoxiro Cierva C.4.