Do 11 de xullo ao 12 de xullo do 2026 - 11:30h V Encontro Internacional de cestería no Camiño Actividade de verán
Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.
Sábado 11 de xullo
De 11:30h. a 14:00. e de 16:00h a 20:00h.
Demostración
Domingo 12 de xullo
De 11:00h. a 13:30h
Mesa redonda