Skip to main content

Festival Atlántica

30 de xuño - 19:00h Festival Atlántica O MUSEO ACOLLE

Festival Atlántica

Museo do Pobo Galego

Un ano máis, o Festival Atlántica regresa ao Museo do Pobo Galego con dúas citas:

- Martes 30 de xuño, ás 19:00 h: Inauguración do Festival Atlántica

Coa participación das Caldupeiras de Porto do Cabo e Pepe dos Contos.

A actividade rematará cunha degustación de caldo.

Santo André de Teixido vén de romaría a Compostela!

- Sábado 4 de xullo, ás 12:00 h: Vermú antropolóxico

Naty Rey (Rianxo) · Antropóloga

Presentación da investigación: Ritos de vida, ecos de morte: a fertilidade e a perda temperá nos cruceiros e na cultura popular.