Skip to main content

O museo a fondo

Do 16 de abril ao 30 de maio do 2026 - 18:30h O museo a fondo Retómase o ciclo de visitas guiadas "O museo a fondo"

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña continúan coa serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’, unha proposta que convida a deterses en obras procedentes dos fondos do museo para redescubrilas cunha mirada máis atenta. 

Desta vez, preséntase un bodegón do recoñecido pintor español Juan van der Hamen y León. Unha pintura do século XVII que permaneceu durante moito tempo nos fondos do museo e que, grazas a un magnífico traballo de restauración, recuperou todo o seu esplendor para poder ser gozada polo público dentro do percorrido da Sala 2.

As visitas realizaranse os xoves e sábados ás 18:30 horas, os días 16, 18 e 30 de abril, e o 2, 14, 16, 23, 28 e 30 de maio.

Con inscrición previa.

Información xeral: 

· A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 persoas. 

· A inscrición abrirase o luns de cada semana, ás 10 horas, a través do formulario da páxina web do museo. Máis información nesta ligazón.