Skip to main content

XII Concurso de Fotografía: "No peirao"

Do 25 de marzo ao 18 de maio do 2026 - 10:00h XII Concurso de Fotografía: "No peirao" Concurso para celebrar o Día Internacional dos Museos

XII Concurso de Fotografía do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio)

O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:

- Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.

- Técnico: valoraranse aspectos asociados á técnica desta arte.

- Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

Temática: “No peirao”

Esta proposta temática ten como protagonista o porto, elemento construtivo que vencella mar e terra; refuxio e meta para os que chegan; lembranza futura para os que parten; e, como non, fervedoiro de tarefas cotiás: a descarga de peixe, o arranxo dos aparellos, a construción naval, a pesca deportiva, o transporte de pasaxeiros, o deporte.



Participantes e número de obras: maiores de 18 anos cun número máximo de tres fotografías presentadas por persoa, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.

Prazo de recepción dos traballos: aberto ata o 21 de abril de 2026

Máis información sobre a presentación das obras, identificación e envío na páxina do Museo Liste: https://museoliste.org/blog/ ou no anexo.