1 de abril - 20:00h Presentación de libros Presentación de dous libros
Preséntase, por unha banda, "La huella ballenera en el norte de la Península Ibérica". Contido moi ligado ao Museo Massó, o autor, Álex Aguilar, presenta esta obra que é a súa vez unha introdución á historia do noso pasado baleeiro, e unha guía para percorrer cunha nova mirada os lugares nos que deixou a súa pegada.
E, por outra banda, "Laberinto mar. Un viaje por la vida y la historia de nuestras costas". Trátase dunha obra de periodismo literario presentada pola súa autora, Noemí Sabugal, que nos invita a explorar as nosas costas e a coñecer ás súas xentes, a súa historia e a súa transformación.
Os autores firmarán exemplares ao finalizar a presentación.