Skip to main content

Cine arqueolóxico

6 de febreiro - 19:30h Cine arqueolóxico Arqueoloxía en cinema

O Museo Arqueolóxico de Ourense retoma brevemente as proxeccións de cine, coa colaboración do Cineclub Padre Feijoó, na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense): 

- Proxección do curto “O camiño de Cova Eirós”. A presentación e coloquio estará a cargo de Arturo de Lombera Hermida, profesor de Prehistoria da Universidade de Oviedo e director das escavacións de Cova Eirós.

- Proxección do curto “Jesús Carrera: O vermello de Hondarribia”.