Skip to main content

Cianotipia, as primeiras fotografías

16 de maio - 11:30h Cianotipia, as primeiras fotografías Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Viaxe ao pasado para descubrir como nace as primeiras fotografías. Aprender a crear imaxes empregando produtos fotosensibles, combinando arte, ciencia e patrimonio. 

Actividade:

- Descubrimento das primeiras técnicas fotográficas

- Composicións con obxectos naturais

- Creación de cianotipias

- Pequenos experimentos coa luz e as imaxes

 

O resto dos obradoiros son:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

- 28 de febreiro: ExpresArte

- 21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

- 18 de abril: Perfumes da natureza

Terán unha duración aproximada de 1h 30 minutos.  

As prazas estarán limitadas a 15 participantes por obradoiro.

A inscrición é flexible, poidendo apuntarse a un ou varios obradoiros, segundo a disposición e interese. O prazo de inscrición pecha 3 días antes da data de cada obradoiro. 

Para consultas:

reservas@xeitura.com