Skip to main content

Os temas da arte: renovación e modernidade

Do 15 de outubro ao 17 de decembro do 2025 - 11:30h Os temas da arte: renovación e modernidade Nove edición deste curso anual, nesta ocasión vinculado ao contexto da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

Novo curso do ciclo "Os temas da arte", nesta ocasión vinculado co contexto da mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

O curso Renovación e modernidade. Arte e cultura en Galicia, exilios e retornos, 1930-1975 propón unha análise vertebral dos significados múltiples da creación cultural en Galicia dentro do ámbito do Estado e das relacións e fluxos cos artistas e intelectuais galegos exiliados durante e tras a Guerra Civil española. Con detemento, unha reflexión sobre as artes plásticas, e as interferencias e rupturas cos movementos anteriores á década dos anos trinta do século XX, e a súa evolución moderna nas décadas da ditadura.

Impartido por Alberto Cartón.

Máis información sobre o contido e a inscrición nesta ligazón do Museo.