Skip to main content

A lei do mar

1 de outubro - 19:30h A lei do mar Presentación dun libro

Dentro da súa actividade de difusión cultural e de traballo coa comunidade, o Museo Massó acolle a presentación ao público dunha publicación. Neste caso trátase de "A lei do mar", de Manuel Esteban, que narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén das augas territoriais.

O autor estará acompañado polo escritor Pedro Feijoo e a responsable de comunicación da editorial Xerais, Sara Vila.